Toponimia do Val de Fragoso 7. Candeán

Portada Toponimia de Candeán
Ano
2019
Edición
Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo - Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
Autoría
Afonso Salvador Rodríguez González

Sétimo dos volumes editados pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Vigo sobre a toponimia das súas parroquias, neste caso trátase da parroquia de Candeán.O seu autor, Afonso Salvador Rodríguez, recolleu entre os anos 2012 e 2013 un total de 1.715 topónimos en tan só 6,04 km2 de superficie cos que conta o termo territorial desta parroquia.

Os topónimos presentes neste traballo están clasificados tematicamente en once apartados distintos por esta orde: os primeiros núcleos de poboamento; o relevo; os nomes da auga; a flora; a fauna; agricultura e gandaría; sociedade; posesores; historia; relixión e lendas.