Estudos de toponimia galega II

Estudos de toponimia galega II
Ano
2011
Edición
Real Academia Galega
Autoría
Nicandro Ares
Etiquetas

A Real Academia Galega inaugurou as publicacións do Seminario de Onomástica (Sección de Lingua) coa edición dunha colectánea de estudos particulares que teñen como centro de atención os nosos nomes de lugar, e dos que é autor o sabio presbítero lucense Nicandro Ares Vázquez. Estes artigos de investigación onomástica achábanse ata o momento dispersos e desarticulados. Foi o filólogo e académico Antón Santamarina quen tomou de diversas publicacións os estudos que Ares Vázquez foi diseminando ao longo da súa fecunda vida intelectual. O profesor Santamarina preparou a edición e o resultado é este libro ateigado de datos curiosos, dotado de intelixencia elucidatoria e vastamente servizal para o coñecemento da toponimia de Galicia.