O Seminario de Onomástica responde: Salvaterra de Miño

O nome actual de varias cidades e vilas galegas importantes son denominacións impostas por Afonso VIII (coñecido como Afonso IX) no momento en que lles concedeu o foro de poboamento: Baiona, cuxo nome antigo era Erizana, e Faro, actualmente A Coruña, son dous exemplos dunha ampla relación de lugares na que tamén podemos incluír Salvaterra de Miño. Gonzalo Navaza, membro de número da Real Academia Galega, explica neste novo capítulo da serie O Seminario de Onomástica responde cal foi o nome antigo desta localidade arraiana e cal era a finalidade deste rei ao bautizala con este topónimo.

Tamén che pode interesar...

Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…

O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense…