Toponimia de Antas de Ulla

Toponimia de Antas de Ulla
Ano
2024
Edición
Real Academia Galega
Autoría
Andrea Santiso Arias

Toponimia de Antas de Ulla parte do Traballo de Fin de Grao da filóloga Andrea Santiso Arias, que foi dirixido pola académica Ana Boullón. A autora é membro da Asociación Galega de Onomástica e forma parte do proxecto de investigación do Instituto da Lingua Galega Toponomasticon Hispaniae.

A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia para saber cal é a súa motivación e o seu significado, o que nos fará máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas.