Estudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal

Estudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal
Ano
2007
Edición
S. A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia
Autoría
Rosario Álvarez Cao, Alba Arias López, Óscar Castro Castedo, Vicente Feijoo Ares, Xermán García Cancela, Juan Loureiro Grandal, Gonzalo Navaza Blanco, Concepción Otero García

Unha das actuacións consideradas no proxecto COASTATLANTIC, cofinanciado pola Iniciativa Comunitaria INTERREG III B Espazo Atlántico, foi a recollida e análise da microtoponimia, é dicir, dos nomes dos lugares menores que son gardiáns da vida destes ao longo da historia e que, por moi variados motivos, corren o risco de perderse. A publicación deixa constancia da importancia do patrimonio cultural toponímico das comarcas en que se desenvolveu o proxecto (Ortegal, A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental), e debe ser contemplada nun marco global de planificación e xestión integrada do territorio. A toponimia, xunto cos valores propios de identidade e de cultura dun pobo, son fundamentais á hora da planificación e da xestión, xa que é utilizada polos distintos organismos que traballan con información do territorio (investigación, planificación territorial, estatística, turismo, catastro, rexistros da propiedade, parcelaria, etc.).