Rebordechán. A nosa memoria

Rebordechán. A nosa memoria
Ano
2007
Edición
Asociación Cultural Amistade
Autoría
Adriano Gómez Vázquez, Ramón Lourido Pérez, Gonzalo Navaza Blanco, Perfecto Ramos Rodríguez

Cartografía: SITGA (S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia)

Esta publicación céntrase en distintos aspectos culturais relacionados coa parroquia de Rebordechán, no concello pontevedrés de Crecente. Faise "un paseo pola historia", remontándose ás orixes dos primeiros asentamentos humanos e aos vetustos documentos escritos con información sobre esta zona. A análise toponímica correu a cargo de Gonzalo Navaza Blanco a partir do traballo de campo realizado por membros da propia asociación. Co gallo de celebrar o centenario da formación da banda de música repásase a súa traxectoria mediante fotografías antigas e actuais. O libro péchase cunha mostra de actos e festexos recentes da asociación, tamén ilustrados con fotografías, e cos agradecementos finais.