Toponimia de Catoira

Toponimia de Catoira
Ano
2007
Edición
Concello de Catoira
Autoría
Gonzalo Navaza Blanco
Etiquetas

Cartografía: SITGA (S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia)

Estudo lingüístico e etimolóxico dos nomes do concello de Catoira realizado por Gonzalo Navaza Blanco, membro da Comisión de Toponimia, a partir dos traballos de campo e gabinete levados a cabo polo PTG entre os anos 2002 e 2006. Na obra analízanse a orixe e o significado tanto dos nomes das poboacións (toponimia maior), como das terras, regatos, camiños... (toponimia menor) facendo unha asociación dos topónimos coa situación xeográfica, a historia e os antropónimos da zona. O libro ilústrase con fotografías antigas da zona procedentes do arquivo do concello e mais da colección particular do fotógrafo local Pasarín.