Colaboracións: Xosé Lois Vilar Pedreira, José Antonio Neira, Comisión de Toponimia, SITGA, Proxecto Toponimia de Galicia
Trátase dunha aeroguía na que aparecen máis de 300 topónimos normativizados pola Comisión de Toponimia e situados en fotografías aéreas sacadas desde unha avioneta. O libro está dividido en cinco capítulos correspondentes a cinco treitos de costa do concello de Carnota, desde O Pozo das Centolas ata O Sinaliño da Area. En cada páxina do libro, por baixo da foto na que se visualizan os topónimos, existe un táboa onde se fai unha clasificación semántica dos nomes a través duns símbolos que representan as seguintes temáticas: accidentes xeográficos; homes e mulleres; semellanzas; formacións xeolóxicas; formas, tamaños e cores; pesca; animais; localización; comportamento do mar; usos presentes e pasados; algas e plantas de terra; naufraxios e sucesos; e como non, un apartado para nomes escuros e descoñecidos dos que non se sabe a súa orixe.