Sabías que no Burgo, Culleredo, había boas ostras, como di a cantiga, Adiós as ostras d'o Burgo / e as ostras d'o Pasaxe. / A Virxe de Pastoriza / nos dé á todos bo viaxe?
Sabías que segundo o imaxinario popular, A Gudiña debe o seu nome á circunstancia de que a persoa que rexentaba unha pousada era “unha muller moi agudiña, tan lista era que dun pote de caldo sacaba 30 cuncas”?