O Seminario de Onomástica responde: Bugallido

Desde que don Ramón Lorenzo naceu en Eirapedriña, concretamente na Taberna, foron moitas as cousas que mudaron e mesmo que se perderon neste lugar do concello de Ames. A Pedra da Moura é unha delas, un penedo con lendas asociadas que desapareceu por mor dunha canteira, como tamén lle pasou á A Fonte das Meigas, ateigada pola matogueira. 

Nesta nova entrega da serie O Seminario de Onomástica responde, don Ramón Lorenzo convídanos a coñecer a orixe do nome da parroquia de Bugallido e algúns dos seus microtopónimos vencellados coas crenzas do pasado e coa nosa mitoloxía. Ademais, aprenderemos outras curiosidades lingüísticas como a forma propia que empregan nesta zona de Galicia para se referir aos bugallos dos carballos.
 

 
Tamén che pode interesar...

O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense…

O adxectivo arcaico vedro, -a, procedente do adxectivo latino VETERUM, deixou de usarse na nosa lingua na…