Muxía é un topónimo cuxa etimoloxía está ligada desde antigo co mosteiro de San Xulián de Moraime, un cenobio medieval situado no propio termo municipal deste concello. Porén, existen indicios para considerar que o étimo con que se vincula, MONGIA ‘monacato, mosteiro’, pode ser unha interpretación culta ou erudita que se estendeu a partir da aparición desta forma nas Memorias del Arzobispado de Santiago de Jerónimo del Hoyo.
Neste novo capítulo da serie “O Seminario de Onomástica responde”, Andrea Santiso, docente de ensino secundario e autora entre outras obras toponímicas dun artigo sobre a orixe deste topónimo, dános algúns argumentos para descartar a vinculación de Muxía coa familia do galicismo monxe e para considerar outra posible orixe.
O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense…
O adxectivo arcaico vedro, -a, procedente do adxectivo latino VETERUM, deixou de usarse na nosa lingua na…