Malpica é un topónimo de etimoloxía controvertida. O feito de repetirse noutras partes da península levou a descartar a súa orixe prerromana e a incluílo dentro dos chamados topónimos de inventario. O especialista en toponimia e académico de número da RAG Gonzalo Navaza repasa neste vídeo da serie “O Seminario de Onomástica responde” as diversas hipóteses que existen sobre a orixe do nome do concello de Malpica de Bergantiños.
Tamén che pode interesar...