Na obra Morgana en Esmelle, a homenaxeada este ano nas Letras Galegas, Begoña Caamaño, trae a mítica fada Morgana á terra de Miranda en que Cunqueiro sitúa a súa novela Merlín e familia, encadrada na temática literaria da materia de Bretaña. Miranda é un topónimo existente no noso país e fóra das súas fronteiras. Aínda que a teoría tradicional vencella a súa orixe co verbo mirar, Luz Méndez explícanos neste vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde os problemas que ten este vínculo e ofrécenos outra proposta etimolóxica.
Tamén che pode interesar...