Monterroso é un concello da provincia de Lugo coñecido por acoller o día un de novembro de cada ano unha das feiras máis antigas de Galicia. Antigo tamén é o nome do seu concello, que nun principio se empregou para designar un monte e, posteriormente, un condado. Ana Boullón, académica da RAG, achéganos as hipóteses que se deron sobre a etimoloxía de Monterroso e outras curiosidades neste novo episodio da serie “O Seminario de Onomástica responde”.
Tamén che pode interesar...
Malpica é un topónimo de etimoloxía controvertida. O feito de repetirse noutras partes da península levou a…
Muxía é un topónimo cuxa etimoloxía está ligada desde antigo co mosteiro de San Xulián de Moraime, un cenobio…