O Seminario de Onomástica responde: Portomarín

Portomarín é un topónimo que a primeira vista pode semellar transparente, mesmo para os leigos en filoloxía. Trátase dun composto de dous elementos, Porto e Marín. Mais, que significa cada un deles? As chaves dánolas Antón Santamarina noutra entrega de “O Seminario de Onomástica responde”, a serie de vídeos en que os membros do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega profundan sobre a orixe e o significado dos nosos nomes de lugar.

Tamén che pode interesar...

Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…

O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense…