Toponimia do Val de Fragoso 8. Valadares

Toponimia do Val do Fragoso 8. Valadares
Ano
2022
Edición
Universidade de Vigo
Autoría
Aránzazu Luna e Gonzalo Navaza

Oitavo dos volumes editados pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Vigo sobre a toponimia das súas parroquias, neste caso da de Valadres, Os topónimos comentados no presente volume por Aránzazu Luna e Gonzalo Navaza foron recollidos por Laura Benedicto, Amparo Otero e Diego Monroy e suman máis de 600 nomes de lugar cunha densidade de aproximadamente corenta e oito nomes por quilómetro cadrado nos case 13 km2 de superficie cos que conta o termo territorial desta parroquia.

A relación de topónimos comentados no presente traballo aparece ordenada en entradas por orde alfabética, logo duns apartados iniciais onde se fai unha breve descrición da freguesía de Valadares. Ao final do estudo inclúese unha relación dos topónimos agrupados segundo a súa motivación semántica.