Sabías que
![Burela](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/burela.png?itok=q6P2voFV)
Sabías que o Nomenclator de Galicia só recolle unha entidade de poboación no concello lucense de Burela?
![Aldán](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/aldan.png?itok=7fSn5pNV)
Se estás en Vigo, ten coidado coa "Neboa en Aldán" porque anuncia "chuvia na man"
![A Piñeira, Sarria](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/pi%C3%B1eira.png?itok=sCKPK99_)
Din en Sarria "Se vén o vento de Piñeira, arma a caldeira á goteira" cando o vento vén do sur.
![Fontemourente](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/fontemourente.png?itok=3WiNdIHB)
Sabías que en Mazaricos aínda hoxe cantan "Vilariño está nun alto e Fontemourente na costa"?
![Rei Don Silo](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/don_silo.jpg?itok=hw8es6G3)
Sabías que a parroquia de Donsión (Lalín) procede do latín DOMINUS SILONIUS e que existe documentación medieval suficiente para confirmar que fai referencia ao rei Don Silo?
![Unha casilla de peóns de camiños](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/pe%C3%B3ns_camineiros.png?itok=Wr2QAISI)
Sabías que o topónimo A Casilla naceu en castelán na segunda metade do século XIX e era o nome que recibían as garitas dos legoeiros situadas a carón das estradas?
![Catasol](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/catasol.jpg?itok=mWVqbKqA)
Sabías que os topónimos Catasol e Catasós repartidos por Galicia están compostos polas palabras latinas CAPTA ‘ver, mirar’ + SOLE (S) ‘sol’ e identifican lugares onde pega ben o sol?
![Baiuca](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/taberna.jpg?itok=6Yw5a84_)
Sabías que os lugares chamados A Baiuca teñen a súa orixe na existencia dunha taberna, probablemente fundada na segunda metade do século XVIII por xente chegada das colonias americanas?
![Cernadela](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/trigo.jpg?itok=mNw7QATH)
Sabías que os topónimos A Borroa, A Cernadela, A Queimada, A Estibada, A Seara, A Cachada, A Rozada... fan referencia a antigos traballos de roza e queima do monte para facer novos terreos de labradío?
![Monte Xiabre](/sites/default/files/styles/listado_novas/public/imaxes/sabias-que/xiabre.jpg?itok=LfbtUKS3)
Sabías que "cando o monte Xiabre pon a capa e o monte Xesteiras pon o capelo, deberás volver a casa polo mantelo"?