Sabías que
Sabías que hai unha cantiga que di "Adeus Ponte Nafonso, non sei quen te acabará: trinta anos me levaches a flor da miña mocedá" que fala do dificultosa que foi a obra?
Sabías que, malia parecer grande, "O Pindiño é pequeno, / é pequeno pero é forte, / que para pasar o Pindo / hai que sacar pasaporte"?
Sabías que "Non hai pola montaña,/ non hai pola ribeira./ Non hai pola Montaña, / parroquia como Olveira"?
Sabías que "O lugar de Cerdedelo / ten catro saideiros: / Trasceleirro e o Eiró, / Carricovo e o Outeiro"?
Sabías que Vilariño está no alto / Fontemourente na costa /. Amar a quen non me ama / moito traballiño me costa.?
Sabías que Santa Margarida (A Coruña) ten / unha fonte con dous canos, / con unha auga que lava / todos os males extraños?
Sabías que hai unha cantiga que lembra os oficio do pasado en Buño e Noia e di "Ainda que somos de Buño / non somos todos oleiros. / Tamén en terras de Noia / non son todos Zapateiros"?
Sabías que "Redondela ten bos choquiños, / críanse na praia de Ostrás, / ten o maior patrón do mundo, / que se chama Xan Carallás"
Sabías que "Se vas ao San Benitiño / non vaias ao de Paredes / que é moito máis milagreiro / San Benitiño de Lérez"?