Sabías que
Sabías que os mariñeiros da ría de Ares din que “Cando A Laxe da Boca da Ría vexas espumar, non saias a faenar” ou “Cando A Laxe da Boca da Ría vexas romper, traballos na casa toca facer”?
Sabías que, como di a cantiga, A aldea da Agrela é moi divertida, ten a estrada na entrada, e A Estación na saída.
Sabías que "cando a barra de Ladrido roxe, inverno forte"?
Se estás en Vigo, ten coidado coa "Neboa en Aldán" porque anuncia "chuvia na man"
Din en Sarria "Se vén o vento de Piñeira, arma a caldeira á goteira" cando o vento vén do sur.
Sabías que "cando o monte Xiabre pon a capa e o monte Xesteiras pon o capelo, deberás volver a casa polo mantelo"?
Sabías que "mentres auga teña o río Miño, no Ribeiro non faltará viño"?
Sabías que en San Cristovo de Cea dise "se vas a Oseira, leva o pan na faldriqueira; se vas para Camba, lévao na manga; e se vas para o Deza, que non che esqueza"?
Sabías que polo Carballiño dise "os de Vilaenfesta parten a testa; os de Trabazos parten os brazos; os de Tanxil teñen barriga de tamboril; os do Gamoal comen o caldo sen sal; e os de Arenteiriño derraman o fuciño"?