Sabías que

Baldomar Covelo

Sabías que o topónimo Baldomar, nome dunha parroquia do concello de Covelo, non ten nada que ver cun val nin co mar?

Etimoloxías populares
A Gudiña

Sabías que segundo o imaxinario popular, A Gudiña debe o seu nome á circunstancia de que a persoa que rexentaba unha pousada era “unha muller moi agudiña, tan lista era que dun pote de caldo sacaba 30 cuncas”?

Etimoloxías populares
Marnela

Sabías que por Valdoviño conta a lenda que o mar entra con forza na terra ata o punto de fundar o lugar de Marnela (Mar Nela)?

Etimoloxías populares
Chantada

Sabías que unha lenda popular atribúe a orixe do topónimo Chantada a unha frase dita polo diaño cando, canso de cargar ao lombo coa súa nai, exclamou "Síntoo moito, miña nai, pero aí quedas chantada"?

Etimoloxías populares
Mondoñedo

Sabías que considerar Mondoñedo un derivado de MONTE DUMIENSIS é unha etimoloxía popular?

Etimoloxías populares
Gondomar

Sabías que aínda circula a lenda entre os habitantes de Gondomar de que a vila estivo somerxida no "ghondo do mar"?

Etimoloxías populares
Canido

Sabías que nunca volveu a Canido ese "can ido" que fuxiu do dono e que, segundo a lenda popular, deu orixe ao nome de lugar?

Etimoloxías populares
Castro Caldelas

Sabías que segundo conta a etimoloxía popular houbo un home, de apelido Castro que se presentou ante o conde de Lemos para lle pedir a man da súa filla e que este, ao ter máis de unha, preguntoulle: "Castro, cal delas?"

Etimoloxías populares
Nigrán

Sabías que unha lenda popular di que en Nigrán houbo unhas colleitas tan ruíns que non quedou "Ni gran"?

Etimoloxías populares
Chamorro

Sabías que segundo a lenda popular, o Santuario de Chamorro debe o seu nome a que unha vez a virxe foi no auxilio dun mariñeiro que, estando en perigo no mar, berrou "Xa morro!"?

Etimoloxías populares