Sabías que
Sabías que existe un refrán que fai referencia ao Monte Mondigo que di que "cando o Mondigo pon o capelo, todas as vellas tembran de medo"?
Sabías que "cando chove e vai sol, anda o demo por Ferrol ou por Friol"?
Sabías que ademais da cidade herculina, hai unha A Coruña en Val do Dubra e As Coruñas en Vilardevós?
Se queres ir a Pontevedra, ten coidado de non acabares na Pontevedra de Negreira?
Sabías que se algunha vez queres ir ao Quinto Pino terás que dirixirte á parroquia de Pastoriza do concello coruñés de Arteixo?
Sabías que hai unha copla recollida na Baixa Limia que menciona A Pena de Anamán (situada no concello portugués de Melgaço) que di o seguinte: "os pobres non o ten, os ricos non o dan, quen queira sentar plaza saia á Pedra de Anamán con dous duros diarios e un trabuco na man".
Sabías que en Galicia hai 5 parroquias que teñen como nome Galegos?
¿Sabías que "entre marzo e abril sempre baixan lodas as augas do río Sil"?
Sabías que moitos hidrónimos non son "transparentes"?
Sabías que hai dúas "foces" en Foz?