Quinto dos volumes editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo en colaboración do Concello de Vigo sobre a toponimia das súas parroquias, neste caso da parroquia de Comesaña. Esta parroquia experimentou no século pasado un proceso de conversión que fixo máis urbanas algunhas áreas fronte a outras aínda rurais, especialmente a partir da década dos setenta. Á perda de terras de labor contribuíu tamén, dende o ano 1957, a instalación da Zona Franca, que ocuparía terreos de Comesaña e da veciña Matamá. A agricultura, sustento noutros tempos de boa parte das casas, viuse reducida radicalmente, o que levou ao esquecemento dos nomes ou converteunos en dato non esencial da vida cotiá.
Ano
2018
Edición
Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo - Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
Autoría
Anxo Rodríguez Lemos
Tipo
Etiquetas
Ligazón ao arquivo