Os nomes das rúas serven para orientarse nas vilas e cidades e tamén para organizar os territorios urbanos. Os cambios que ocorren nas guías das rúas e as novas eleccións de nomes coa expansión das zonas urbanas obedecen en moitas ocasións a razóns conmemorativas e acaban sepultando os nomes anteriores.
Neste volume préstase atención a todos estes procesos e ponse o foco na necesidade da preservación da toponimia tradicional por parte dos poderes públicos, neste caso os concellos, responsables dos nomes urbanos.