Texto do discurso co que a profesora da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora de referencia no campo da onomástica galega, Ana Isabel Boullón Agrelo, leu o día 11 de decembro de 2021 no acto da súa recepción como membro da Real Academia Galega, coa resposta de Ramón Lorenzo Vázquez
O tema escollido supón unha reflexión sobre os traballos que realizou desde o principio da súa carreira académica, coa tese de doutoramento Antroponimia medieval galega (1999), e que despois diversificou desde diferentes perspectivas. Trátase dunha reflexion sobre a vertente lingüística e mais a dimensión social de nomes, apelidos e topónimos.