Sabías que o topónimo máis frecuente en Galicia como nome de entidade de poboación é A Igrexa ou algunha das súas variantes A Eirexe, A Eirexa, Airexe, Airexa, A Grixa, Grixoa...?
Sabías que os lugares chamados A Baiuca teñen a súa orixe na existencia dunha taberna, probablemente fundada na segunda metade do século XVIII por xente chegada das colonias americanas?