Hai dúas décadas, o barrio do Papagaio da Coruña sufría unha enorme transformación. Desaparecían as antigas casas, moitas delas construídas nos séculos XVIII e XIX, e mudaba por completo a súa fisionomía e identidade: dun barrio marxinal, coñecido como Barrio Chino, destruído parcialmente por varios incendios, a unha zona de luxo. A fotógrafa Maribel Longueira, cámara en man, inmortalizou o proceso de derruba e estableceu un diálogo artístico-poético con Luísa Villalta cuxo resultado foi o último libro escrito en vida da autora homenaxeada no Día das letras galegas de 2024: Papagaio, un libro cargado de forza, un libro denuncia contra a especulación, contra o machismo. Un libro único no seu momento como único é o topónimo Papagaio.
Iván Méndez López, técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega achéganos neste vídeo á orixe do topónimo O Papagaio.
Malpica é un topónimo de etimoloxía controvertida. O feito de repetirse noutras partes da península levou a…
Muxía é un topónimo cuxa etimoloxía está ligada desde antigo co mosteiro de San Xulián de Moraime, un cenobio…