O Seminario de Onomástica responde: Antas de Ulla

Sabías que o concello de Antas de Ulla alberga o centro xeográfico de Galicia? No ano 2020, o Instituto Geográfico Nacional (IGN), a instancias do Instituto de Estudos Ulloáns, ditaminou que o punto central do noso país estaba situado nas proximidades da aldea de Nugallás na parroquia de San Fiz de Amarante. Precisamente, Antas de Ulla  é o topónimo protagonista dunha nova entrega da serie de micropezas O Seminario de Onomástica responde

Ninguén mellor para falarmos deste topónimo que a seoanesa Adrea Santiso Arias, licenciada en Filoloxía Galega, profesora no ensino secundario e, sobre todo, experta na toponimia do seu concello: o seu libro Toponimia de Antas de Ulla saíu do prelo recentemente e pode descargarse nesta mesma páxina.

Tamén che pode interesar...

Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…

O Calvario é o populoso barrio da cidade de Vigo que viu nacer a autora homenaxeada no Día das letras galegas 2026,…