O Seminario de Onomástica responde: Baiona

Malia estaren situadas a centos de quilómetros de distancia, a localidade galega de Baiona está intimamente relacionada coa francesa Baiona / Bayonne. O académico Gonzalo Navaza explícanos que a relación entre os dous topónimos vai máis alá dunha semellanza fonética e nela tivo moito que ver o Camiño de Santiago.