O Seminario de Onomástica responde: Eiré

Eiré é un topónimo único en Galicia, pois só existe en todo o Nomenclátor de Galicia unha parroquia así chamada no concello de Pantón, xa documentada con esta forma desde o século XIII. Neste novo capítulo do Seminario de Onomástica responde, visitamos no seu concello natal a Antón Palacio, académico correspondente, para que nos explique a orixe do topónimo diante da fermosa e histórica igrexa de San Miguel de Eiré.

 
Tamén che pode interesar...

O Concello do Riós é un dos municipios galegos en que se modificará o seu nome oficial  na nova edición do Nomenclátor…

Pantón, nome único en todo o Nomenclátor de Galicia, é o que os filólogos chaman un topónimo escuro…