Boa parte dos investigadores coinciden en afirmar que o topónimo Laza e derivados -como Laceira, Laceiras, As Laceiras... proceden de (G)LACIA, étimo relacionado co termo latino GLACIES ‘xeo’, do que deriva a voz do galego común glaciación. Agora ben, malia que este significado encaixa á perfección coa locación dalgúns destes lugares, non é así para o lugar, parroquia e concello ourensán mundialmente coñecido polo seu Entroido ancestral. A súa situación a carón do río Támega nunha zona chaira e bastante abrigosa levou a que varios investigadores propuxesen outra hipótese para explicar a súa orixe.
Vicente Feijoo Ares, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, explica a posible orixe prerromana do topónimo Laza, ademais de deterse noutros nomes deste concello ourensán como Naveaus, A Alberguería ou a praza da Picota, que nos falan da importancia que tiveron historicamente as diferentes vías de comunicación que atravesan estas terras ourensás.
Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…
O Calvario é o populoso barrio da cidade de Vigo que viu nacer a autora homenaxeada no Día das letras galegas 2026,…