O Seminario de Onomástica responde: Vedra

O adxectivo arcaico vedro, -a, procedente do adxectivo latino VETERUM, deixou de usarse na nosa lingua na Idade Media; pola contra, deixou moita pegada na nosa toponimia: o concello coruñés de Vedra é un bo exemplo.

A académica correspondente e membro do Seminario de Onomástica da RAG Luz Méndez explica neste novo vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde a motivación que levou a empregar un adxectivo cualificativo para dar nome a este concello. 

Tamén dá as chaves para comprendermos a etimoloxía do topónimo Oza do concello de Teo, porque é moi probable que teña unha orixe diferente a outros topónimos semellantes que existen no territorio galego. 
 

Tamén che pode interesar...

Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…