O Seminario de Onomástica responde: O Saviñao

O topónimo O Saviñao leva entre nós trece séculos: atéstase por vez primeira como "territorio Saviniano" nun documento do ano 747. A súa orixe está, porén, afastada destas fermosas Terras de Lemos á beira do pai Miño, xa que servía para nomear unha tribo establecida no Lacio romano. 

Neste capítulo da serie O Seminario de Onomástica responde, o académico correspondente Antón Palacio explica a orixe do topónimo deste concello lugués do Saviñao.
 

Tamén che pode interesar...

O culto á auga e ás fontes deixou pegadas evidentes nos nosos nomes de lugar, como o demostra o topónimo A Fonsagrada…

Vimianzo é un topónimo de orixe controvertida; con todo, a hipótese máis aceptada polos investigadores defíneo…