O Seminario de Onomástica responde: Sanxurdo

Sanxurdo é unha aldea da parroquia de Cristimil, no concello de Lalín, e un nome de lugar que non se repite entre as entidades de poboación de Galicia. Porén, está vinculado con outros topónimos como Santiorxo, Santiurxo e Santurxo, todos eles haxiotopónimos procedentes dun “santo labrego”. Luz Méndez, académica correspondente, descobre cal é a orixe de Sanxurdo neste novo capítulo da serie “O seminario de Onomástica responde”.

Tamén che pode interesar...

O culto á auga e ás fontes deixou pegadas evidentes nos nosos nomes de lugar, como o demostra o topónimo A Fonsagrada…

Vimianzo é un topónimo de orixe controvertida; con todo, a hipótese máis aceptada polos investigadores defíneo…