O concello de Tordoia sitúase no centro da provincia da Coruña cunha paisaxe marcada profundamente pola vexetación e polos diferentes cursos fluviais que o cruzan. Neste novo capítulo da serie documental O Seminario de Onomástica responde, a filóloga, investigadora e profesora de ensino secundario Lidia Gómez Martínez, coautora xunto a Luz Méndez da obra Toponimia de Tordoia, coméntanos as diferentes hipóteses que existen sobre o nome do seu concello, dalgunhas das súas aldeas e mais sobre os principais ríos que regan o seu termo municipal, o Dubra e o Lengüelle.
Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…
O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense…