Buscar no mapa unha aldea, unha parroquia ou un concello denominado Robreda é unha tarefa infrutuosa, xa que o noso Nomenclátor non rexistra ningunha. Mais isto ten unha explicación, pois a antiga vila de Robreda actualmente ten outra denominación na que o monarca Afonso VIII e o Camiño de Santiago tiveron moito que ver.
Neste vídeo, Vicente Feijoo explícanos de onde vén etimoloxicamente o topónimo Viana do Bolo e o motivo polo que substituíu a Robreda nun novo capítulo da serie "O Seminario de Onomástica responde".
O culto á auga e ás fontes deixou pegadas evidentes nos nosos nomes de lugar, como o demostra o topónimo A Fonsagrada…
Carnota é un unicum, isto é, non hai en todo o país ningunha outra entidade de poboación coa mesma…