No escudo de Burela loce o torque máis grande dos atopados en Galicia. Cun peso de 1812 gramos, segundo contan deu con el un cativo mentres alindaba o gando no lugar do Chao aló polo 1945. Mais é outro símbolo heráldico, a burela, co que se relacionou a orixe do topónimo, como tamén se apuntou os teares de burel ou unha boia marítima.
Mais o topónimo Burela, nome dunha aldea na Fonsagrada e dun concello da Mariña, ten outra orixe máis relacionada coa antroponimia que coas diferentes propostas expostas, como podes ver neste vídeo.
Non podía pasar desapercibido para o imaxinario colectivo o feito de que, nun mesmo concello e en dúas freguesías lindeiras, existisen…
O 7 de agosto de 1028, o rei Afonso V o Nobre afrontaba o asedio da cidade de Viseu na súa campaña de expansión cara ao sur tomando…