Os nomes da nosa terra. Marzoa

Detrás do nome de calquera lugar, fonte, penedo, regueiro ou corredoira, hai un inmenso patrimonio cultural que nos leva a saber máis de nós mesmos. Conservar este patrimonio é un labor que debemos acometer con urxencia. Neste capítulo da serie "Os nomes da nosa terra", Fran Cañotas acompaña a Perico Balado na salvagarda de varios topónimos a través da aplicación Galicia Nomeada na parroquia de Marzoa, concretamente O Pozo de Freán e O Coto do Lobo. Despois, Vicente Feijoo, coordinador do proxecto, amósanos cal é o proceso de revisión e validación destes nomes de lugar na propia plataforma.

A serie "Os nomes da nosa terra" é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), que está apoiado pola Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

 
Tamén che pode interesar...

Se hai unha administración municipal que está a traballar arreo na recuperación e difusión da súa toponimia tradicional esa é

A Serra do Suído é un territorio que durante séculos foi escenario dun modelo de vida baseado no pastoreo e no aproveitamento comunal…