Os nomes da nosa terra. Monte Pindo

O Monte Pindo é un dos lugares máis simbólicos da nosa xeografía. Moi poucos lugares reúnen, coma este, tantas lendas, historias e tamén toponimia. Pepe do Fieiro e Xil Caamaño son dous dos grandes coñecedores dos segredos deste “olimpo celta” e acompañan a Fran Cañotas nun novo capítulo da serie “Os nomes da nosa terra”.

A serie "Os nomes da nosa terra" é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), que está apoiado pola Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

Tamén che pode interesar...

O río Asma marca en boa medida a identidade e a paisaxe de Chantada, pois cruza o territorio deste concello de leste a…

Son innúmeras as ocasións en que nesta páxina aludimos á importancia que ten a toponimia para descubrir a historia do territorio que…