Unha cantiga recollida por Pérez Ballesteros a finais do século XIX menciona nomes históricos das rúas de Lugo "Catro calles tenche Lugo / que as fixo o criador / barrio Falcón, Tenería, / Ruanova, call-d'o sol".
Sabías que os lugares chamados A Baiuca teñen a súa orixe na existencia dunha taberna, probablemente fundada na segunda metade do século XVIII por xente chegada das colonias americanas?