Fase 7: Introdución de nova información

Tras un período no que os mapas toponímicos estaban expostos, o concello mandáballos corrixidos ao PTG e coas fichas da nova información debidamente cubertas. A partir dese momento, os procesos que se realizban con estes datos eran os seguintes:

1. Introdución dos novos datos

Os novos topónimos recollidos na fase de exposición introducíanse na base de datos xeral do concello. Aqueles que precisaban dalgunha corrección eran modificados segundo o tipo de erro que presentasen (gráfico, de localización ou de tipoloxía xeográfica).

2. Nova revisión por parte da Comisión de Toponimia

Esta nova información era supervisada polos membros da Ponencia de Estudos, para ditaminar a forma normativa dos novos nomes.

3. Redixitalización

Os novos topónimos dixitalizábanse na ortofoto e recolocábanse os que presentaban algún erro de situación.

4. Imprimir os mapas toponímicos finais

Finalmente maquetábanse os mapas toponímicos definitivos, coas actualizacións incorporadas.

 

Fase 6: Exposición pública dos mapas toponímicos         ------         Fase 8: Entrega final aos concellos e difusión na rede