Sabías que
Sabías que "Cando choran as pedras do Xalo, ventan orballo"?
Sabías que se "Ronca Corrubedo, mariñeiro ponte quedo".
Sabías que segundo conta a etimoloxía popular houbo un home, de apelido Castro que se presentou ante o conde de Lemos para lle pedir a man da súa filla e que este, ao ter máis de unha, preguntoulle: "Castro, cal delas?"
Sabías que "Cando o Monte Louro pon touca, chuvia moita ou pouca".
Sabías que "Quen pasou a Marola, pasou a mar toda"?
Sabías que unha lenda popular di que en Nigrán houbo unhas colleitas tan ruíns que non quedou "Ni gran"?
Sabías que segundo a lenda popular, o Santuario de Chamorro debe o seu nome a que unha vez a virxe foi no auxilio dun mariñeiro que, estando en perigo no mar, berrou "Xa morro!"?
Sabías que Ourense ten pouco que ver co ouro?
Sabías que "cando chove e vai lúa, o trasno anda pola Coruña"?
Sabías que hai unha lenda que liga o topónimo Palas de Rei co nariz dun monarca?