Estudos de Onomástica Galega VII. A onomástica literaria

Estudos de Onomástica Galega VII. A onomástica literaria
Ano
2023
Edición
Real Academia Galega
Autoría
Ana I. Boullón Agrelo e Luz Méndez (edición)

O presente traballo recolle os relatorios que se presentaron na VII edición da Xornada de Onomástica de Pontevedra sobre a onomástica literaria, isto é, o estudo dos nomes propios de persoa ou de lugar na creación literaria e da súa función estilística, tanto desde o aspecto do contido coma desde o  formal. 

Os traballos que poderás atopar na obra teñen a sinatura de Anxo Angueira ("A onomástica na obra de Rosalía de Castro: algúns principios e perfís"); Mª Xesús Nogueira Pereira ("Seguirán falando os nomes a voces. Toponimia e ecopoesía na literatura galega"); Antón Palacio ("Onomástica literaria en Galicia. 1. Media ducia de nomes artúricos femininos"); Bieito Arias Freixedo ("A poética dos nomes. Funcionalidades da onomástica na poesía profana galego-portuguesa"); Helena de Carlos Villamarín ("O misterio do nome: etimoloxía e alegoría nas lendas de Troia"); Marga do Val ("A literatura no mapa: a onomástica como identidade"); Berta Dávila ("Escoller nomes propios"); Marcos Calveiro ("Os nomes da ecuación"); e Fina Casalderrey ("Os nomes importan").