Fernando Cabeza Quiles, autor de tres libros da colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica, Toponimia da Estrada, Toponimia de Carballo e este que agora ve a luz, Toponimia de Ribeira, é un dos principais investigadores e divulgadores da toponimia galega, con varios libros e moitos artigos publicados ao longo dos seus máis de trinta anos de traxectoria. Entre estas publicacións, podemos destacar títulos como Toponimia de Galicia. Guías A-Z (2008) e A toponimia celta de Galicia (2014).
No presente volume indaga na orixe e significados das 215 formas que designan as entidades de poboación de Ribeira.