Aduanas, aduanadas e Tui

As persoas que xa pasaron algunhas primaveras e comezan a contar os anos en outonos, abofé lembrarán o paso fronteirizo que conectaba Tui con Valença. Dos tempos da aduana, e das accións que alí se facían para tentar pasar sen declarar a maior parte de obxectos, derivou un termo ben xeitoso do galego común, aduanada, unha acción que se fai por diversión que pode causar algún tipo de prexuízo.
Pero, para aduanadas, as lendas que circularon arredor do topónimo Tui que poderás ver neste vídeo.

Tamén che pode interesar...

No ano 1219, o rei Afonso VIII accede a unha “instantiam et petitionem habitanorum”, isto é,  a unha…

Hai etimoloxías populares que se transmiten de persoa a persoa, de século a século, e chegan a converterse en verdades de fe para a…