Experiencia de recolla na Mariña con Galicia Nomeada

Nunha publicación desta páxina, comentamos como Álvaro Crego Deán decidiu lanzarse á salvagarda da toponimia dos concellos de Burela e de Cervo co apoio dos seus avós, José Crego e Jorge Deán, do patrón Víctor Mosquera, e coa aplicación Galicia Nomeada. Neste vídeo poderás ver como é o funcionamento da aplicación e como é o grande traballo que este neto e os seus avós mariñaos están a realizar para recuperaren e divulgaren os nomes da súa vida: A Pedra de Cacho Furado, A Corveira, A Fraga de Vilasindre, O Puxón...

 

Tamén che pode interesar...

Este venres 23 de agosto tivo lugar en Cervás a presentación dun extraordinario traballo de recollida e rexistro da talasonimia, isto é…

O IES de Meaño, un dos centros máis activos na plataforma Galicia Nomeada, presentou un interesante proxecto de posta…