Corrubedo é un dos puntos con máis sona da nosa costa. Dado o risco que antano supoñía o bravo mar de Corrubedo para a navegación, o seu topónimo aparece en varios cartularios marítimos dos séculos XIV e XV, onde os cartógrafos escribiron o seu nome con formas antigas que nos serven para descubrir cal era a súa etimoloxía.
O filólogo Fernando Cabeza Quiles, autor dunha abundante bibliografía toponímica e do libro Toponimia de Ribeira, obra en que analiza a orixe e significado dos topónimos maiores deste concello coruñés, explícanos a orixe do topónimo Corrubedo neste novo capítulo da serie O Seminario de Onomástica responde.
O culto á auga e ás fontes deixou pegadas evidentes nos nosos nomes de lugar, como o demostra o topónimo A Fonsagrada…
Carnota é un unicum, isto é, non hai en todo o país ningunha outra entidade de poboación coa mesma…