Comezadas a construír entre finais do século XV e comezos do XVI, as Torres do Allo forman parte do edificio considerado como o primeiro pazo da historia. Esta alfaia da nosa arquitectura civil serviu posteriormente como modelo das casas señoriais en toda a xeografía galega e arredor delas medrou a parroquia e os diferentes lugares habitados que a compoñen. Porén, o nome da freguesía está documentado con anterioridade e nada ten que ver con elas.
O historiador Xosé María Lema, académico correspondente e membro do Seminario de Onomástica da RAG, descúbrenos ás súas portas cales foron as diferentes hipóteses que se deron sobre a orixe do topónimo O Allo: será un fitotopónimo ou nada terá que ver coa voz do galego común “allo”? Descúbreo nesta nova entrega da serie O Seminario de Onomástica responde.
Mens é un topónimo moi coñecido grazas a que serve de denominación a todo un símbolo das agrupacións de música…
A Real Academia Galega decidiu renderlle un máis que merecido recoñecemento ás mulleres que crearon, cantaron e contribuíron á…