Os nomes da nosa terra. Barcia de Mera

Sabías que o río Alén se chamou con anterioridade río Mera? De aí o nome da freguesía Barcia de Mera, primeira parada da serie "Os nomes da nosa terra" que leva a Fran Cañotas ao concello pontevedrés de Covelo.

Esta non será a única descuberta nun capítulo cheo de curiosidades: Susana Domínguez falaranos de por que Carredás é un lugar único en todo o mundo; da man de José A. Lourido, “Pispote” iremos a unha “levada” e Uxía Estévez contaranos a polémica que houbo arredor da grafía do nome desta parroquia.

Acompáñasnos a descubrir os segredos de Barcia de Mera?

A serie "Os nomes da nosa terra" é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), que está apoiado pola Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

 
Tamén che pode interesar...

Se hai unha administración municipal que está a traballar arreo na recuperación e difusión da súa toponimia tradicional esa é

A Serra do Suído é un territorio que durante séculos foi escenario dun modelo de vida baseado no pastoreo e no aproveitamento comunal…