Os nomes da nosa terra. Penarrubia

Se vas a Penarrubia e preguntas por Eduardo Álvarez é posible que ninguén saiba indicarche onde vive. Agora ben, a resposta cambia se preguntas por Eduardo do Costureiro. En moitas partes do noso país, pero especialmente na provincia de Lugo, as casas teñen nome de seu, que se mantén incluso cando cambian de propietario. Eses nomes de casas conteñen o apelido, alcume ou profesión do primeiro propietario ou o seu lugar de procedencia e acaban identificando as persoas que moraron nesas vivendas de xeración en xeración, así como a toda a súa familia. 

Neste novo capítulo de “Os nomes da nosa terra” coñecemos os oikónimos ou nomes das casas que representan unha vinculación emocional coas familias e co lugar de onde estas proveñen, pois constitúen unha expresión da súa identidade persoal. Sirva tamén de homenaxe a un dos seus protagonistas recentemente falecido, Inocencio Álvarez, coñecido como "O taberneiro de Val".
 

Tamén che pode interesar...

Entre os séculos XVI e XVIII, os padais máis exquisitos da Corte Real devecían por unha receita de ostras en escabeche. Esta preparación…

Atopar o significado orixinario dun topónimo é, ás veces, unha tarefa ben complicada, especialmente naqueles casos como o que hoxe…