A toponimia seméllase aos seres vivos porque moitos dos nosos nomes de lugar nacen, evolucionan e tamén chegan a desaparecer. En Galicia construíronse moitos encoros nos anos 60 e 70 que ademais de terras, aldeas, vivencias e sentimentos, asolagaron tamén os seus nomes. Porén, moitos destes topónimos que foron borrados da paisaxe que identificaban sobreviven grazas ás súas comunidades, ás persoas que alí viviron.
Este novo capítulo da serie “Os nomes da nosa terra” está protagonizado por Domingo Martínez “O Ríos”, recentemente falecido, un sabio que coñecía cada recanto da aldea de Veigas de Camba e das terras que a rodeaban, e que contriubuíu coa súa memoria prodixiosa a salvagardar nun mapa máis de 300 microtopónimos sepultados baixo o encoro das Portas, no concello ourensán de Vilariño de Conso. Lamentamos a súa perda e queremos manifestar a nosa admiración e respecto por persoas que coma el nos deixan un legado cultural e persoal tan valioso.
Tamén coñeceremos a Cristina e Raquel Fernández Fernández, descendentes da última familia que abandonou esta aldea asolagada, que puxeron en marcha unha iniciativa para recoller a memoria de Veigas de Camba e a dos seus antepasados.
Se vas a Penarrubia e preguntas por Eduardo Álvarez é posible que ninguén saiba indicarche onde vive. Agora ben, a resposta cambia se…
Santiago de Compostela é unha das cidades centrais do europeísmo. En cada unha das súas pedras milenarias hai un anaco da súa historia…